Dj Frisco repasará este xoves en Nova Hit os Nº1 do ano coa eurovisiva Rosa López

1 minutes read

Este xoves ás 10.00 horas poñerase en marcha en Nova Hit un novo capítulo do programa matinal candidato aos Premios Ondas 2022 «As mañás de Frisco», pero nesta ocasión cunha edición especial onde se dará un repaso a todos os números un do ano.

O coñecido radio dj coruñés Frisco Taibo contará ademais coa presenza de Rosa López, unha das grandes voces do panorama musical nacional e unha das artistas máis queridas polo público.

Rosa López contará como lle está indo a súa carreira como artista independente e falará do seu novo single «Puertas Abiertas», anticipo dun novo álbum que verá a luz en 2023.

A eurovisiva e televisiva Rosa López vendeu mais dun millón de discos, e ten no seu haber varios discos de ouro e de platino.

O morning show pecha este ano ao grande, despois de que comezase a súa tempada 18 no mes de setembro, exercicio por onde se pasaron artistas como Depol, Carlos Segarra dos Rebeldes, Miguel Costas, Soraya Arnelas, Lorna e este xoves a mencionada Rosa López.

Xa en xaneiro, o día 12 estará Funambulista, que actúa o 15 do mesmo mes no Wizink Center de Madrid con practicamente todo o aforo vendido.