Dj Roy cumpre 12 anos seguidos de radio en directo


  • Actualmente tamén produce e dirixe un programa específico de música de baile que se emite en máis de 10 países de todo o mundo.

Doce anos atrás (09-5-2009) Dj Roy comezaba a súa andaina no mundo da radio, nun mundo que o apaixona e no que cada día se sente máis cómodo. Xa establecido en exclusiva en Nova Hit (onde cada sábado podes escoitalo en directo de 17 a 21horas e co mesmo propósito de entreter, divertir, compartir boa música e bo rolo a través das ondas como o primeiro día. Froito diso gañouse a un público fiel, a unha audiencia que cada día crece máis e máis. En todos estes anos creou dirixiu e presentou programas como: ”Ponte en Marcha” que foi o seu primeiro programa de produción propia (só se emitía en Galicia en Hit) no cal cada sábado tarde se falaba da movida de Ponteceso. Terminado ese proxecto e uns meses mais tarde dá vida a »Music Factory» (8-5-2011 ao 18-2-2017) programa de música electrónica emitido en España e Latinoamérica que desde o 25-3-2017 pasa a ser »WORLD Hits», radio show que conserva na actualidade con emisión en máis de 10 paises e que cada día crece. Doce anos cargados de enerxía e ilusión cada vez que se pon diante do micro. Imos a por outros tantos!!!… Máis info en http://djroy.es/