Este 2022 foi un ano moi intenso para Dj Roy, desde que as restricións do covid levantáronse el tiña claro que este ano era especial, e non só porque viñamos dunha pandemia e todo volveu á normalidade senón porque había que celebrar que cumpría dúas décadas de música e así foi… Neste 2022 Roy estivo presente en todas as festas de renome e nas que todo dj quere actuar (Mikaela, Festival non Camiño en Melide, Percebe, Malpica…e un longo etc…)ademais da súa residencia en Mhyto Melide e dos seus programas de radio en Nova Hit. Despois dun ano tan intenso non podía faltar unha actuación como a deste sábado, ás 17 horas empeza a viaxe a unha das illas con máis festa do Mediterráneo (Malta) na cal vai actuar na festa “Move it winter edition” nunha das salas máis importantes da illa como é Gianpula. Sen ningunha dúbida, esta é das mellores formas para recoñecer o traballo a un gran Dj nun ano tan especial.
