Do 25 de agosto ao 1 de setembro | VI Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo

1 minutes read

A planta alta do mercado municipal acollerá do 25 de agosto ao 1 de setembro o VI Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO internacional e nacional, no que, tras o éxito da pasada edición, volverá a utilizarse o formato suízo a nove roldas. O presidente do club O Toque Xiria, Javier Teixeira, xunto cos seus compañeiros Óscar de Prado e Laureano Faya; o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, presentaron o torneo, que baterá un récord de participación. Ata este mércores estaban confirmados máis de oitenta participantes, polo que se agarda que a cifra final acade o centenar. No acto tamén participou o xovencísimo Xoel Faya, que foi a man inocente encargada de realizar o sorteo entre os participantes no torneo maxistral. Ademais, O Toque Xiria quere sacar o xadrez á rúa. Por iso, tras a expectación que espertou o ano pasado a presenza do campión mundial Gukesh D, este ano agarda repetir a exhibición de partidas simultáneas na Praza do Concello.