‘Do amor e o delirio’, o novo poemario da escritora vimiancesa Natalia Lema

1 minutes read
  • O acto de presentación realizouse este sábado na Casa da Cultura da localidade

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este sábado a presentación da nova obra da escritora local Natalia Lema Otero (Baíñas, 1999). Do amor e o delirio é o título dun poemario repleto de versos sobre o amor, a paixón e o desexo; unha obra que precede a Baos -unha recompilación de relatos sobre unha aldea anegada- e Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte -sobre os problemas laborais no sector primario-.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, acompañou á autora durante o acto e felicitouna por «transmitir con tanta autenticidade e dun xeito maxistral a través dos versos algo tan complexo como os sentimentos».