41
- A Escola Oficial de Idiomas tamén recibiu parte deste material co que se busca fomentar a lectura e dotar de fondos bibliográficos ás entidades
As bibliotecas de Carballo xestionan máis de 40.000 títulos de libros e materiais audiovisuais, aínda que debido á pandemia pola Covid-19 as súas baldas están baldeiras ao non poder entregarse os obxectos. Por este motivo, desde a Concellería de Cultura idearon un plan cun claro obxectivo: fomentar a lectura e contribuír á dotación de fondos bibliográficos destas entidades.
Así, a biblioteca Rego da Balsa acaba de realizar unha doazón de 241 exemplares á residencia de maiores DomusVi e outros 96 á Escola Oficial de Idiomas de Carballo, á espera de que sirvan de axuda mentres continúe esta situación.