Dobre sesión para o balonmán Grupo Lemaco Xiria

BM Porriño-Grupo Lemaco Xiria.

Grupo Lemaco Xiria 31 – A D Carballal 31 (15-13)

O Grupo Lemaco A tivo dobre enfrontamento na Liga de Ouro a pasada fin de semana, primeiro cedía ante o Porriño (36-30), e este domingo empataba nun partido moi disputado diante do Carballal vigués.

Pasou factura o intenso partido diante do Porriño, con moito ritmo e golpes en accións fortes, e aos xogadores carballeses fíxoselles moi longo o encontro diante do Carballal, acusouno na segunda metade onde fallaron un pouco as forzas e sobre todo a concentración.

Dous equipos similares onde as defensas abertas facían que o xogo en ataque se precipitara, por máis das veces conseguindo perdas de balón, a pesar diso ningún dos dous equipos soubo ou puido facer rápidas e efectivas as transicións.

O partido transcorría igualado ata ese tramo final onde o Xiria collía vantaxe de dous goles a pouco de dous minutos, pero a precipitación provocada polas gañas de pechar o encontro facilitou balóns ao Carballal para igualar o partido.

Catro xornadas disputadas e o Grupo Lemaco A sitúase na segunda posición a espera dun partido diante do Atlántico e da segunda volta.