- Será este sábado, a partir das 10:00 horas
O Concello de Ponteceso e a asociación Mar de Fábula colaboran nun proxecto de dobre limpeza que se realizará este sábado no Esteiro do Anllóns e tamén na praia da Barra. O inicio desta actividade está programado para as 10:00 horas con saída desde o malecón.
Segundo sinalan desde o Concello, farase unha primeira parada en varios puntos do esteiro para «apañar envases e botellas de plástico agochados na xunqueira e que serán retirados polos servicios loxísticos municipais». Despois, os participantes continuarán ata a praia da Barra onde, sobre as 14:00 horas, terá lugar un pícnic de confraternización para un intercambio de opinións. Recoméndase levar bebidas e aperitivos.
Para asistir será preciso enviar os datos de contacto (nome completo, DNI e teléfono) a info@mardefabula.es, chamando ao 608 609 042 ou acudindo ao Concello antes das 13:00 deste venres. Poderá participar calquera persoa de máis de dez anos, e os menores de idade deberán estar acompañados dun adulto.