Doce emprendedoras do programa Emega realizaron o camiño entre Olveiroa e Fisterra


Este domingo púxose en valor a capacidade de resistencia e de adaptación das mulleres emprendedoras galegas ante vicisitudes que se atopan no seu camiño na recepción, en Fisterra, ás 12 mulleres beneficiarias do programa Emega que completaron o percorrido da ruta xacobea entre Olveiroa e Fisterra como participantes na iniciativa encamiñaRSE promovida pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa entidade Lingoreta. Foron en total 34,9 quilómetros de distancia, durante os que tiveron ocasión de acompañarse, e de compartir ideas de cocreación e aprendizaxes adquiridos. A estrutura da experiencia levou como fío condutor o tramo do Camiño da Costa da Morte, que une Olveiroa cara a Fisterra. Este percorrido foi elixido polo seu carácter simbólico, xa que Fisterra tense considerado o fin e o inicio de toda transformación, de aí que fose elixido o mellor punto de finalización desta experiencia.