Este domingo celébrase a “XXI Poxa de Xovencas” de raza frisoa de Santa Comba, organizada por Africor Coruña e o concello xalleiro.
Doce ganderías achegan 23 lotes que figuran no catálogo para a poxa que se desenvolverá no recinto feiral, o domingo 19 de marzo a partir das 11 da mañá. Hai tres ganderías de Santa Comba, Pistulario da Pereira (que tivo un papel relevante na feira GandAgro); Serpe, de Outeiro-Mallón e Tendeiro de Vilamaior.
Outras tres chegan de Mazaricos, Blanco de Lago, Cooperativa Grille e Nuveira. E dous do municipio de Trazo, Vieites e Dubra S.C.. Complétase a relación coa gandería Casiano (Outes), Queirugueira (Val do Dubra), Granxa Cundíns (Zas) e Marañón (Negreira).
O mesmo día estará operativa unha exposición de empresas relacionadas co sector gandeiro e agrícola.