Doce persoas feridas nunha colisión de catorce vehículos na autovía A-52 na Cañiza

1 minutes read

Un accidente múltiple na A-52, ao seu paso polo concello da Cañiza sentido Benavente deixa varios feridos e, foi necesario liberar unha muller que quedara atrapada no interior dun vehículo. 

Ocorreu no punto quilométrico 275 ás dúas menos vinte da tarde deste sábado e, por causas que se están investigando, víronse implicados 13 coches. A Axencia Galega de Emerxencias mobilizou un helicóptero e diferentes servizos sanitarios e de seguridade. 

A consecuencia do sinistro na autovía producíronse retencións de ata 10 quilómetros, e a Garda Civil de Tráfico tivo que desviar os vehículos cara a Covelo. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?