Doctor Snob | Novo disco á venda


O novo disco da mitica formacion Doctor Snob editouse oficialmente o 20 de xuño, día do Record Store Day… que finalmente se dividiu en 3 días e chamouse “Salvemos as tendas de discos”. Son 5 cancións; 3 novas que gravaron durante o 2019 (A miña loura dourada, Perdedores e Carpe Diem) e dúas gravadas en 2007 e 2011 que non tiñan soporte físico (Cóntame algo máis de ti e Ou terrible Doctor Snob) estas últimas remasterizadas para a ocasión. Todas (excepto “Cóntame algo máis de ti”) graváronse no Taller Recordings con Carlos Areán, “Cóntame algo máis de ti” gravouse en Bonham Studios e é unha versión do clasico de Gatos Locos Oficial. Do deseño encargouse a ilustradora e deseñadora Paula Maior e a foto interior é de José Luis DC, da edición deste 10” encargouse Trilobit Records. Moi pero que moi completo como podedes comprobar e con moito traballo co cal merece a pena que vos fagades cunha copia.. Os puntos de venda do vinilo son :CASA PONTE – Bar& Kitchen en Juan Flórez, Milaromas, Café E Arte en Marcial do Adalid, Creedence Rock Bar en Manuel Murguía, Discos Elepe en Vigo, e nos propios concertos da banda cando sexa posible.