Dodro reforza os seus servizos sociais

O deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos, José Manuel Lage Tuñas, reuniuse co alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, e cos membros do goberno municipal para analizar as necesidades do municipio tras a crise sanitaria da Covid-19.

Lage afirmou que a reunión continúa a rolda de contactos coa que o Goberno provincial pretende escoitar as necesidades dos municipios para facer fronte aos efectos sociais e económicos da pandemia, unha vez superada a crise sanitaria.

O deputado lembrou que o pleno da Deputación vén de aprobar a primeira achega do Plan Único 2020, de 41,2 millóns de euros, dos que Dodro recibe 146.000 euros. Destes fondos, 18.787 euros corresponden a unha achega extraordinaria para axudar aos municipios a afrontar o incremento do gasto social derivado da crise da Covid19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha