Doentes do Deza contan cun novo centro de hemodiálise extrahospitalaria


A nova unidade de hemodiálise extrahospitalaria no concello de Lalín comezará a recibir os primeiros 24 doentes xa mesmo, o que lles evitará realizar uns 20.000 quilómetros de traslado en ambulancia ao mes ata Santiago. Achegouse a coñecer as instalacións do centro o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto ao alcalde de Lalín, José Crespo, a xerente da área Sanitaria de Santiago de Compostela, Eloína Núñez e a presidenta da Fundación Renal Iñigo Alvarez de Toledo, Isabel Entero, fundación responsable deste centro concertado.

O novo servizo conta con 15 postos de hemodiálise on line e está dotado coa máis moderna tecnoloxía no seu ámbito. Ubicado na rúa da Ponte, ocupa unha superficie de 552 m2 e ten unha importante capacidade de crecemento futuro de ata 60 doentes.