O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate é escenario da mostra ‘Nacemento, vida e morte’ da artista Aurora Jorge Vidal.
A exposición está integrada por un compendio de obras pictóricas nas que se representan principalmente elementos da natureza coma árbores, paisaxes ou solpores, facendo emprego para iso dunha paleta de cores caracterizada por tons cálidos.
Ademais, a mostra compleméntase con diversas manualidades elaboradas con diferentes materiais que representan figuras femininas.