Dombate acolle a presentación de ‘Mar de Ardora’, unha reportaxe fotográfica de Ana García

1 minutes read
  • A fotoxornalista capturou o fenómeno sobre as augas da praia de Rebordelo e a de San Pedro, ademais de areais en Ponteceso, Laxe e Malpica

O centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate, no concello de Cabana, acollerá este venres 18, ás 18:30 horas, a presentación da obra Mar de Ardora da fotoxornalista Ana María García Suárez. O evento está organizado polo Clúster de Turismo de Galicia, entidade que edita o traballo, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana.

Neste percorrido fotográfico pola Costa da Morte, Ana García capturou o fenómeno marítimo nocturno en localizacións como a praia de San Pedro e a de Rebordelo en Cabana, a de Balarés en Ponteceso, a dos Riás en Malpica ou a praia de Laxe.

Dentro da aposta por un turismo sostible e respectuoso polo medio ambiente, desde o Concello lembran a necesidade de respectar os espazos naturais e non dificultar o acceso «achegándose en vehículos nos casos nos que non sexa necesario».