O Dolmen de Dombate acollerá este sábado, 28 de xaneiro e ás 18:00 horas, a presentación do libro ‘Misterios e encantos de Bergantiños’, de Juan Félix Neira e coa participación do alcalde, José Muiño; Eduardo Grela, propietario do Cipranillo de Beres, Matilde Vilariño, poeta popular de Dombate e Xosé Manuel Varela, director da colección ‘Costa da Morte’.
Estará en exposición o documento orixinal do Ciprianillo de Beres, que poderán contemplar as persoas asistentes.
O erudito Rafael Ares y Torres, párroco do Divino Salvador de Pazos, bríndanos unha inédita cara material e espiritual de gran parte da terra de Bergantiños no século XIX. Un territorio asolagado de encantos e tesouros aos que nos conducirá o Ciprianillo de Beres, catecismo de soños.