15
A Parroquia de Carballo deu comezo aos actos fortes da Semana Santa 2026 este domingo, coa bendición de ramos ás 12.00 horas no templo e no atrio da igrexa parroquial. Centos de persoas asistiron á misa e a continuación tivo lugar a procesión da borriquita ata San Cristovo onde se oficiaban tamén os actos litúrxicos de ramos. A mañá amencía fría e coa resaca do cambio de hora, pero non chegou a ser un impedimento para que unha multitude de fieis enchesen a igrexa parroquial e os aledaños exteriores. Os actos deste domingo pecharon cunha misa na igrexa parroquial ás oito da tarde.