0
Con ventos de máis de 150 km/h, Francia recibiu á borrasca Domingos e instaurou a alerta laranxa nunha ducia de departamentos. Domingos chega a unha Europa duramente castigada polos efectos do temporal Ciarán. Este domingo, 260.000 fogares continuaban sen electricidade en Francia, onde Ciarán tamén provocou dous mortos e 47 feridos. Mentres o litoral Atlántico de Europa resiste este segundo asalto, Italia fai o reconto dos danos provocados por Ciarán. O ciclón tropical causou 7 mortos e un desaparecido na rexión da Toscana, a máis afectada. Ata o de agora, Ciarán deixou máis dunha ducia de mortos e danos millonarios en medio continente.