DomusVi culpa á Xunta ante as familias dos anciáns pola xestión do coronavirus

DomusVi Compostela.

Nos últimos días, como foi adiantado por Nós Diario, sóubose que a directora da residencia DomusVi de Compostela, Gloria García, remitiu o pasado 25 de abril unha carta aos familiares dos residentes na que denunciaba que a Xunta tardara catro días en autorizar a hospitalización das persoas infectadas polo coronavirus e que, mesmo nese momento, rexeitou trasladar aos centros hospitalarios ás persoas con menos autonomía. A directora da residencia tamén denuncia que as probas PCR, necesarias para comprobar a existencia de máis persoas infectadas entre usuarios e traballadores, non chegaron ata o día 3 de abril, dúas semanas despois do inicio do brote.