O presidente dos Estados Unidos decidiu dar marcha atrás e cancelar no último momento un ataque estadounidense contra Irán.
Aínda que a tensión entre ambos países se pode cortar cun coitelo, a pinga que colmou o vaso da paciencia do presidente de Estados unidos foi a derriba dun dron de recoñecemento do Exército estadounidense por parte de forzas iranianas. Trump decidiu apostar por levar a cabo unha represalia militar e estaba disposto a ordenar a destrución dun radar e unha serie de baterías de mísiles de Irán, pero no último momento detivo a operación ao considerar que preto de cento cincuenta cidadáns iranianos perderían a vida por causa do ataque.
O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk manifestou que están moi preocupados polos acontecementos que teñen lugar na rexión. E na comunidade internacional tamén se mostran perturbados, en gran medida, polo crecente aumento da tensión entre Estados Unidos e Irán no golfo Pérsico. A seguridade é un dos temas que máis preocupa e, por iso, varias aerolíneas internacionais xa restrinxiron os voos na rexión.