Un xurado da cidade de Nova York condena ao expresidente dos Estados Unidos, Donald Trump, de abusar sexualmente e difamar, á escritora e columnista E. Jean Carroll. Os nove membros do xurado, composto por seis homes e 3 mulleres, tomaron a decisión nun tempo récord de menos de 3 horas. Estes descartaron a acusación de violación.
O expresidente deberá indemnizar cunha suma de 5 millóns de dólares á escritora (ao redor duns 4,6 millóns de euros). Con esto, ponse fin a un litixio de 4 anos que comezou como unha demanda de difamación e que pasou a ser de agresión sexual.
Carroll acusaba a Trump de violala nun probador de roupa duns grandes almacéns en 1995 ou 1996, unha data que a escritora recoñeceu non lembrar con exactitude.
Este proceso xudicial era un caso civil, polo que o acusado non corría o risco de ir ao cárcere. O xurado declarou culpable a Trump ao considerar que as probabilidades de que abusase Carroll eran máis altas que se non ocorrese.