Donald Trump e a súa esposa Melania dan positivo por coronavirus


Así o anunciou o presidente de Estados Unidos na madrugada deste venres, pouco despois de que se coñecese que unha das súas axudantes máis próximas tamén dera positivo. Hope Hicks, de 31 anos, é unha das asistentes de maior confianza do mandatario e este xoves, horas antes do positivo de Trump, coñecíase que estaba contaxiada. A muller viaxou o martes con Trump no avión presidencial rumbo ao primeiro debate presidencial realizado na cidade de Cleveland (estado de Ohio) fronte ao postulante demócrata Joe Biden.
Trump publicou na súa conta de Twitter que el xunto á primeira dama contraeron a enfermidade. «Comezaremos o noso proceso de corentena e recuperación de inmediato. Superarémolo xuntos!», escribiu, nunha mensaxe que conta con centos de miles de reaccións.