Donald Trump recoñece a soberanía marroquí sobre o Sahara Occidental

O presidente saínte de Estados Unidos, Donald Trump, recoñeceu este xoves a soberanía marroquí sobre o Sahara Occidental, á vez que anunciou a normalización de relacións entre Marrocos e Israel. «Hoxe asinei unha proclamación recoñecendo a soberanía marroquí sobre Sahara Occidental. A proposta de autonomía seria, crible e realista de Marrocos é a ÚNICA base para unha solución xusta e duradeira por unha paz e prosperidade perdurables», escribiu Trump na súa conta Twitter. Nunha segunda mensaxe na rede social, agregou: «Outro fito HISTÓRICO hoxe! Os nosos dous GRANDES amigos Israel e o Reino de Marrocos acordaron relacións diplomáticas plenas -un fito masivo para a paz en Oriente Medio!». O mandatario saínte de EE.UU. concluíu os seus anuncios tuiteros lembrando que «Marrocos recoñeceu a Estados Unidos en 1777». É dicir, tan só dous anos despois do inicio da súa guerra de independencia contra o Reino de Gran Bretaña. «É por tanto apropiado que recoñezamos a súa soberanía sobre o Sahara Occidental», resolveu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha