Donato e Agustín Elduayen estiveron presentes este venres en As Eiroas na clausura do V Campus TEC, un evento que se consolida, tempada a tempada, como un referente en Galicia.
Un excepcional ambiente presidiu a xornada de entrega de diplomas dunha edición que foi a máis exitosa de todas as celebradas e na que partiparon case 200 rapaces e rapazas, de 6 a 15 anos, chegados de toda a provincia e mesmo de Suíza.
O Bergantiños e as Escolas Luis Calvo Sanz agradecen ás rapazas e rapaces e ás súas familias a confianza depositada na entidade, e máis neste ano tan especial marcado polas medidas de seguridade que tiveron que pór en práctica para cumprir co protocolo sanitario imposto pola crise da COVID-19, circunstancia que impediu atender a todas as solicitudes de praza. En 2021 tentarase, seguro, coller aos que desta volta quedaron fóra. O club dálle tamén as grazas a Telepizza Carballo pola súa colaboración.