19
- Sucedeu na DP-1907, no lugar da Carracha, sobre as 20.00 horas deste venres.
Dúas persoas de avanzada idade resultaron feridas na tarde deste venres tras sufrir unha saída de vía na DP-1907, no lugar da Carracha, en Sofán (Carballo), e bater contra un muro derribándoo debido ao impacto. Foron axentes da Policía Local os que, sobre as 20.00 horas, deron o aviso ao 112. De inmediato se puxo en marcha un operativo no que participaron sanitarios do 061 e efectivos da Garda Civil e de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados do suceso os bombeiros de Carballo.
As vítimas, condutor e acompañante, foron trasladadas en dúas ambulancias a un centro hospitalario.