Dous activistas péganse ás Majas de Goya no Museo do Prado


Dous activistas pegáronse a La maja desnuda e a La maja vestida de Goya. Ambos se fixaron aos marcos destas obras no Museo do Prado en Madrid. Escribiron na parede “+1.5°” en referencia ao anuncio da ONU sobre a imposibilidade de cumprimento do Acordo de París. Un dos mozos activistas, que se identifica como Samuel, pide desculpas antes de pegarse ao cadro e di: “Estou aquí porque teño pánico ao cambio climático” e interpela ao Goberno español a que actúe contra esta situación. Ambas as obras atópanse na sala 038 do Museo do Prado, que foi desaloxada polos vixiantes da pinacoteca madrileña. Nas imaxes pódese ver como os dous mozos se pega aos marcos das obras cun bote de pegamento que levaban entre a súa roupa e escriben na parede con pintura negra.