- Antón Pose e Adriana Vilar quedaron en 2º e 3º lugar, respectivamente, a nivel provincial
O Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee está de en hora boa xa que dous dos seus alumnos quedaron en moi bo lugar dentro do concurso literario de relatos curtos en galego que puxo en marcha a Fundación Coca-Cola.
Antón Pose Baliña e Adriana Vilar Filgueira, alumnos de 3º e 2º da ESO respectivamente, alcanzaron o 2º e o 3º posto dentro da provincia da Coruña. Ambos foron agasallados no transcurso dunha gala Virtual, celebrada este venres, á que se conectaron online os diversos centros educativos.
Este ano participaron en toda Galicia un total de 316 relatos nunha edición que, por causa da pandemia da Covid-19, foi moi dixital.