Dous atropelos deixan un morto en Frades e un mozo carballés de 25 anos na Coruña

1 minutes read

Un home de 61 anos faleceu na noite deste venres atropelado por un vehículo na estrada AC-542 ao seu paso pola parroquia de Abellá, no concello de Frades. Un particular alertou o 112 ás 23:40 horas de que había unha persoa tendida na calzada, aparentemente sen signos vitais. Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario do 061, que só puido confirmar o seu falecemento. O condutor do coche deu negativo nas probas de alcolemia. O accidente rexistrouse nunha zona iluminada pero a vítima, veciña do municipio, non levaba chaleco reflector.

Tres horas máis tarde, varias persoas contactaron coa Axencia Galega de Emerxencias para dar conta doutro atropelo, neste caso na avenida do Porto, na Coruña. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A vítima, un mozo orixinario de Carballo de 25 anos, quedou ferida de gravidade e foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac), pero terminaba falecendo. Segundo as testemuñas, o vehículo implicado circulaba a gran velocidade e a Policía Local estivo a investigar as circunstancias do sinistro. O condutor trátase dun home orixinario do Val do Dubra e que dou positivo na proba de alcoholemia (1,2 gramos por litro en sangue) que lle realizaron os axentes.