Un dos primeiros sinistros tivo lugar preto da igrexa de Bértoa, a pouco máis de 100 metros de onde este luns era atropelado mortalmente un veciño do lugar, unha moza foi alcanzada por un turismo, aínda que por sorte, en principio con prognóstico leve. Ao lugar acudiu unha Ambulancia do 061, os Bombeiros e a Garda Civil. Igualmente minutos máis tarde outro atropelo na Laracha saldouse con outra persoa atendida de urxencia, á espera da súa evolución. Ademais segundo informou o 112 Emerxencias Galicia, ás 15:30 horas produciuse un novo accidente dun Seat Ibiza pouco antes da rotonda de Bértoa na AC-552 dirección Coruña. O coche, tras unha manobra evasiva, saíuse da vía e chocou contra o peche dunha nave industrial. A única ocupante do turismo resultou ferida leve, sendo evacuada do punto polos servizos sanitarios. Ao lugar tamén acudiron os Bombeiros de Carballo, unha Ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico. Houbo importantes retencións ao estar cortado un dos carrís durante varios minutos.
Dous atropelos e un choque en Bértoa embazan outra xornada accidentada en Bergantiños
Estado do turismo accidentado en Bértoa_Bombeiros de Carballo.