40
Este luns dous avións Eurofighter chocaron entre eles en voo mentres realizaban misións de combates, e estreláronse no noroeste de Alemaña.
Ambos avións de caza, pertencentes ás Forzas Armadas alemás, estreláronse preto da base militar de Laage no estado oriental de Mecklemburgo – Pomerania Occidental, segundo confirmou a aviación alemá na súa conta de Twitter.
Tamén había un terceiro Eurofighter, cuxo piloto observou a colisión e reportou que dous paracaídas descenderon a terra.
Un dos pilotos foi localizado con vida pero témese que outro deles falecese. A policía informou atopar restos humanos na zona do accidente pero non poden confirmar que se trate do segundo piloto. Algúns medios locais xa o dan por sentado.