Dous bombeiros necesitaron asistencia médica nun incendio en Fisterra

Estado no que quedou parte da vivenda_Bombeiros de Cee.

Os servizos sanitarios de urxencia subministraron osíxeno a dous bombeiros exhaustos pola extinción dun incendio, que alcanzou altas temperaturas e dificultou a actuación dos efectivos de salvamento.

Ocorreu na Avenida da Coruña, en Fisterra, onde resultou calcinada parte dunha vivenda con tres andares. Ademais dos bombeiros, ninguén resultou ferido, pois a casa estaba desocupada no momento de producirse o lume.

As lapas e o fume chamaron a atención dos veciños que, decontado, contactaron co 112 Galicia para alertar sobre o que sucedía. Un incendio cebouse co segundo andar da casa e alcanzou tal grao de temperatura que dificultou as tarefas de extinción os Bombeiros de Cee. De feito, dous deles necesitaron asistencia médica debido ao esforzo e falta de osíxeno.

Aínda que os maiores danos producíronse no segundo andar, en xeral, toda a casa viuse afectada polo fume e polo lume.

Ademais dos Bombeiros de Cee, no extinción do incendio colaboraron os voluntarios de Protección Civil da vila e os axentes da Garda Civil. Tamén interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.