Dous centros da Coruña e un de Culleredo premios Concepción Arenal da Deputación


Un proxecto da Escola infantil de Montealto na modalidade de Educación Infantil, un do CEIP Sanjurjo de Carricarte na de Educación Primeira, os dous da Coruña, e un do IES Universidade Laboral de Cullleredo en Educación Secundaria son os gañadores da nova edición do Premio “Concepción Arenal” de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña dotados con 5.000 € en cada unha das modalidades.

Un xurado composto pola socióloga, investigadora e especialista en estudos de xénero, Cristina Bajo, a técnica en políticas de igualdade, Verónica Rodríguez, a técnica de Servizos Sociais da Deputación, Paula Filgueiras coa deputada de Igualdade, María Muíño como presidenta e a xefa de sección, Carolina Buhigas como secretaria escolleron os proxectos gañadores.


“O premio supón unha iniciativa para desenvolver desde os centros de ensino proxectos que contribúan á igualdade nun ámbito de vital importancia para construír un futuro sen discriminación”, sinalou a deputada de Igualdade, María Muíño.