Dous clientes positivos poñen en corentena a locais de hostalería da Laracha

Cabe extremar todas as precaucións para frear a propagación do coronavirus, aínda que ás veces parece que nos toca de lonxe, poida que estea máis preto de nós do que realmente pensamos, coas complicacións derivadas que iso conleva. O aviso de proximidade dábao este venres un local de hostalería de moda da Laracha, caracterizado por tomar todas as medidas hixiénicas e aínda ir máis aló, pero ninguén está libre que lle entre un cliente pola porta que poida ser positivo ou mesmo asintomático e non o saiba. Algo parecido ocorreulle ao restaurante O Lar de Pacheco, que emitiu un comunicado a través das redes para informar da situación que lles tocou vivir de preto e fan un chamamento a non baixar a garda contra a pandemia que, a todos nos está a meter respecto.

Un dos locais prexudicados emitiu o seguinte comunicado:

Comunicado emitido en Instagram pola dirección de «O Lar de Pacheco».