Dous detidos e dous viveiros de marihuana desmantelados en Teo


Axentes da Policía Nacional desmantelan dous viveiros de marihuana e interveñen 16 quilos desta droga nunha operación en Teo, na que foron detidos dous homes de 41 e 68 anos.

A investigación, denominada como operación Green, logrou desmantelar este centro de cultivo desde o que os detidos abastecían Santiago de Comopostela e a súa área de influencia, segundo destaca a policía nun comunicado.

Os viveiros estaban en dous chalés situados a escasos quilómetros de Santiago de Compostela, e nos rexistros domiciliarios realizados os investigadores comprobaron como cada un contaba con diferentes salas en función do grao de crecemento das plantas, así como outra destinada ao secado.

A investigación foi realizada por funcionarios adscritos ao Grupo de Estupefacientes da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago e os detidos foron postos a disposición dos Xulgados de Instrución nº 1 e 2 de Santiago de Compostela.