Dous detidos e un falecido, último balance de seguridade cidadá en Carballo

1 minutes read

O primeiro dos detidos foi un mozo de 27 anos relacionado cun altercado en abril de 2021 no que terminaría falecendo outro home de 54 anos. Nesta ocasión impútaselle un presunto caso de violencia de xénero e atentado contra axentes da autoridade, con resistencia grave á Garda Civil. Outro home foi detido a última hora da noite deste domingo tras tentar darse á fuga dunha patrulla da Policía Local ao volante dun turismo que conducía sen estar habilitado para iso. Os feitos producíronse na rotonda próxima ao Fórum Carballo, o turismo foi momentaneamente inmobilizado e o home detido. En Carballo tamén recibiu sepultura este domingo F.J.L.M, de 42 anos, o home estaba en prisión desde o martes 7 de marzo, detívoo unha patrulla da Policía Local de Carballo tras darse á fuga na rotonda da Milagrosa e comprobar que sobre el pesaba unha orde de procura, detención e ingreso en prisión por acumulación de delitos anteriores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?