Dous detidos en Caión por extraer percebes sen autorización

1 minutes read

A Garda Civil do Posto Principal de Carballo,en colaboración co Garda Pesca da Confraría de Caión, detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito contra o medio ambiente. Os feitos ocorreron na praia da Pedra do Sal, onde se trasladou a patrulla tras o requirimento do Garda Pesca, pola presenza duns furtivos. Unha vez na zona, o Garda Pesca infórmalles de que uns individuos estaban a extraer percebes das rochas, sen a perceptiva licenza para iso e en época de veda desta especie.

A forza actuante identificou os individuos, coñecidos dos Corpos de Seguridade por feitos similares e rastrexou a zona en busca dos produtos extraídos ilegalmente. Froito desta procura, localizaron dous capazos repletos de percebes, que foron trasladados ás dependencias da Confraría de Caión para a súa pesada, arroxando unha cantidade de 62 kilográmos. Procedeuse á detención dos autores, poñéndoos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.

Os percebes incautados, foron entregados no Centro da 3ª Idade de Carballo.

Percebes incautados.