Dous detidos en Cee nunha operación antidroga

Coche Garda Civil

Ata 30 axentes da Garda Civil interviñeron este mércores no rexistro de dúas vivendas en Cee. Está decretado o segredo do sumario. Sábese que hai dous detidos, pero este dato pode variar en calquera momento, dado que a operación continúa aberta. Tamén transcendeu a incautación de diversas substancias estupefacientes nos rexistros domiciliarios que se fixeron en dúas rúas próximas á zona portuaria de Cee, nunha zona considerada de venda habitual de drogas polos veciños.