Da investigación, fíxose cargo o equipo a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta (UDEV) do corpo de policía. Os detidos polo apuñalamento mortal dun mozo na Coruña na madrugada do día de Noiteboa elévanse a dous, segundo informou a Delegación do Goberno español na Galiza, que precisou que non se descartan máis arrestos. Foi tras unha primeira detención na madrugada deste xoves, á dun mozo coruñés de 21 anos, como resultado dunha investigación que segue en marcha e na cal se está traballando na identificación «doutras persoas implicadas». Horas despois, na tarde do xoves, detivose a un segundo mozo de 22 anos.
Así o ratificou tamén, en declaracións aos medios de comunicación, a subdelegada do Goberno estatal na Coruña, María Rivas, que incidiu en que se traballa na identificación «de todas aquelas persoas que poidan ter algunha relación co caso», sen descartar a posibilidade doutras detencións ante a posíbel vinculación de máis persoas. Ademais, precisou que dos arrestos informouse á familia do mozo falecido.