Dous detidos polo incendio que arrasou o complexo termal da Chavasqueira

A Policía Nacional detivo dúas persoas en relación co incendio que arrasou o pasado ano o complexo termal da Chavasqueira, situado a beiras do Río Miño en Ourense. Segundo indicaron fontes policiais, ambos pasaron a disposición xudicial este mesmo venres. Un dos dous arrestados é un exempregado das termas ao que despediran uns meses antes do incendio. A investigación da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional apuntaba nun principio a un posible curtocircuíto como orixe do incendio, aínda que finalmente acabou determinando a intencionalidade dos feitos rexistrados e centráronse as pescudas en identificar e deter o presunto autor dos mesmos. As actuacións atópanse baixo segredo de sumario. Preto de ano e medio despois do ocorrido, axentes da Policía Nacional detiveron a dous sospeitosos, que pasaron a disposición xudicial acusados dun suposto delito de incendio con perigo para a vida e a integridade física das persoas. Quedaron en liberdade, coa prohibición de saír do territorio nacional e de comparecer semanalmente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha