- Os inquilinos xa puideron volver ás súas vivendas
Este mércores dous edificios de tres andares e unhas 20 vivendas cada un deles, foron desaloxados por precaución despois de que se producira unha importante fuga de gas na Rúa Progreso, en Sanxenxo. Un policía tamén resultou afectado por inhalación e, afortunadamente, non tivo que ser trasladado ao Hospital, xa que foi atendido polos servizos de emerxencias.
A voz de alerta produciuse sobre as 10:15 horas desta mañá, despois de que se avisar ao 112 Galicia dunha fuga de gas por da rotura dunha tubaría ao estar en obras.
De inmediato, desde o 112 Galicia se informou aos Bombeiros do Salnés e á Policía Local, que xa tiñan constancia do suceso. Do mesmo modo, os xestores de emerxencias, puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si fose precisa a súa intervención, así como ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.
Os Bombeiros de Ribadumia comunicaron ao 112 que a fuga foi detida, os inquilinos puideron volver ás súas vivendas e os obreiros continuaron co seu traballo