36
Os ladróns intentaron forzar a pechadura pero como non o conseguiron forzaron unha persiana e romperon unha fiestra para entrar. As cámaras de seguridade captaron os dous ladróns. Foron directamente á máquina comecartos e á maquina de tabaco e rebentáronas con barras de ferro; despois colleron os poucos cartos que había na caixa rexistradora e no bote das propinas. Chama a atención a rapidez coa que actuaron, un minuto e dous segundos, confirmaba o propietario do local. Presentada a correspondente denuncia, a Garda Civil abriu unha investigación para tentar identificar os autores do roubo.