Dous falecidos en Santiago e Viveiro tras caídas a distinto nivel

Un home perdeu a vida este xoves en Santiago de Compostela ao caer desde un edificio. Ocorreu na rúa Jaca, ao fío das 19:45 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dunha persoa particular e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxenc ias Sanitarias e da Policía Local e Nacional.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose necesario prestar asistencia aos familiares do falecido.

Falecida en Viveiro

Unha muller de idade avanzada perdeu a vida este venres despois de caer desde o segundo andar ao patio de luces dun edificio en Viveiro. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os bombeiros da localidade accederon ao lugar onde atopábase a muller a través dunha das vivendas do inmoble. Unha vez rescatada, foi atendida nunha ambulancia medicalizada do 061-Urxencias Sanitarias onde, a pesar dos esforzos por salvarlle a vida, finalmente faleceu.

Ocorreu na Avenida de Ferrol, uns minutos antes das 9:30. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Viveiro, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha