Dous falecidos nun accidente na Coruña

Imaxe dunha ambulancia 061

Unha muller de 67 anos e un home de 69 faleceron na noite deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado na avenida de Fisterra, na Coruña. A muller, que ía de acompañante, faleceu no acto tras ser arremetida por outro vehículo que circulaba por esta vía en sentido A Coruña. O home, condutor do turismo, foi trasladado ferido de gravidade ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña – CHUAC – onde faleceu máis tarde. Un menor que viaxaba no outro vehículo tamén tivo que ser trasladado ao hospital ferido leve. Ao lugar desprazáronse equipos médicos, Policía Local e os Bombeiros da Coruña. Investíganse as causas do sinistro.