Dous falecidos nunha colisión frontal entre un camión e un coche en Arzúa

O 112 Galicia rexistrou este accidente uns cinco minutos antes das 11:00 horas deste venres. Como indicou un particular, un camión tráiler e un coche colidiran frontalmente na N-547, no quilómetro 67. Ademais, podía haber persoas atrapadas.

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado de Santiago, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Logo de que chegasen á zona do accidente, os servizos de emerxencias indicaron que os dous ocupantes do turismo faleceran. Ademais, foi preciso empregar o material de excarceración para podelos liberar, mentres que o condutor do tráiler resultou ferido.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’