Dous feridos en Negreira tras impactar contra un muro o vehículo no que viaxaban

1 minutes read

Un helicóptero medicalizado do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou a un dos feridos. Sucedeu sobre as 17:30 horas deste luns. Un particular contactaba, a esa hora, co 112 Galicia para informar dunha saída de vía no lugar de Aro, no concello de Negreira. Indicaba que o coche, tras saírse da vía, impactara contra un muro de terra e que os dous ocupantes, aínda que estaban fora do vehículo, necesitaban asistencia sanitaria.

Os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago e unha ambulancia. Do mesmo xeito, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os membros do GES de Brión, os Bombeiros do Xallas e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que, tras tomar terra no lugar dos feitos, a aeronave trasladou a un dos feridos, o outro foi evacuado nunha ambulancia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?