Dous feridos graves e seis evacuados nunha colisión múltiple na N-550, en Redondela

1 minutes read

Sete vehículos, un deles un camión de grandes dimensións, víronse implicados nunha colisión múltiple á altura da parroquia de Quintela, en Redondels. O aviso saltou pasada a unha da mañá, unha invasión do carril contrario por un turismo fixo que este acabara batendo cunha furgoneta e despois cun tráiler. Outros catro vehículos acabaron implicados ao non poderen esquivar a multitude de obstáculos atravesados na estrada. Os bombeiros do Porriño tiveron que excarcerar dúas persoas de entre os turismos accidentados, que foron evacuadas en estado grave ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Houbo tamén catro persoas que precisaron a súa evacuación por feridas de diversa consideración.