Dous feridos graves nun choque entre un coche e un camión en Cualedro

1 minutes read

Dúas persoas quedaron feridas de gravidade nun choque frontal entre un turismo e un camión. O sinistro tivo lugar a primeira hora da mañá deste mércores no alto das Estivadas, na nacional 525, á altura do concello ourensán de Cualedro.

Os feridos son un matrimonio que circulaba no coche que acabou batendo contra o camión. Tiveron que ser liberados polos bombeiros de Verín e trasladados en ambulancia a un centro hospitalario. En principio non se teme pola súa vida. Foi o propio condutor do camión quen avisou os servizos de emerxencia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?