Dous feridos graves tras un apuñalamento mutuo en Vimianzo

1 minutes read

Segundo os primeiros indicios, os feridos, dous homes, eran parella e compartían unha vivenda no lugar de Calo. A última hora da tarde deste mércores dábase a voz de alarma e ao lugar acudía a Policía Local, a Garda Civil e unha ambulancia do 061. Unha vez explorada a situación polas forzas da orde tamén se mobilizou a un helicóptero medicalizado, que en poucos minutos aterrou no lugar, trasladando ao ferido máis grave, David B. C. de 32 anos, que presentaba sete puñaladas no corpo. O outro ferido, J. Bautista D. T. de 38 anos foi evacuado en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.