43
Ambos foron evacuados polos servizos de emerxencias. Nesta ocasión, o coche quedou envorcado na cuneta á altura do quilómetro 5 da DP-2904, preto da Rabadeira, na parroquia de Seavia. Ocorreu dez minutos despois das 11:30 horas deste venres.
Foi un dos propios implicados o que axudou ao outro a saír do turismo. Ambos estaban feridos e unha ambulancia trasladounos ao centro hospitalario de referencia. No momento do accidente había bastante granizo na calzada.
Tanto o GES de Ponteceso como a Garda Civil de Tráfico traballaron no punto xunto cos servizos sanitarios.